Blog da escola
Video da Côte d'Or, destino da viaxe de intercambio dos alumnos de 3ºESO
Dijon e arredores. Video da Côte d'Or
Queridos alumnos e familias,
Déixovos o enlace ao video que fixen sobre Dijon e os seus arredores. Convídovos tamén a investigar sobre a rexión, berce da cultura occidental (na Borgoña atopamos as abadías de Cîteaux e Cluny), lugar de nacemento do río Sena, paisaxe de moitas batallas (como aquela que puxo a xeonllos ao gran guerreiro galo Vercingetorix perante o Cesar), etc. A cultura está chea de sorpresas, descubrídeas!
Saudos.