Dpto. Orientación

Departamento de orientación

Ao longo da vida dos nenos e nenas, concorren unha morea de experiencias, pensamentos e emocións que conformarán a súa personalidade.

Ás veces, no proceso de desenvolvemento persoal propio do crecemento, teñen lugar desaxustes que precisan dunha axuda para continuar.

A mirada e o acompañamento pacientes dos mestres e mestras sobre cada alumno ou alumna como ser individual e único, é moi importante para detectar estas posibles alteracións o dificultades. Posteriormente comunícase ás familias e ao Departamento de Orientación, que é quen coordina e asesora sobre as intervencións que deberían levarse a cabo.

Este equipo de profesionais está formado por:

  • 2 Psicólogas
  • 1 Psicopedagoga
  • 1 Psicomotricista
  • 1 mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT)
  • 1 mestra especialista en Audición e Linguaxe (AL, logopeda)
  • Varias mestras de apoio

Todos eles están tamén á disposición das familias para solventar calquera dúbida ou inquedanza que lles poida xurdir durante a escolaridade dos seus fillos e fillas.

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.