Quen somos

Quen somos

Fotografia antiga do colexioO colexio Martín Códax nace en 1971 inspirado na Institución Libre de Ensinanza e na tradición cultural galega. O proxecto puxo en pé unha escola laica e democrática ao servizo do desenvolvemento ético, cognitivo e emocional dos nenos e nenas como verdadeiro centro do feito educativo.

A estratexia pedagóxica do colexio, de raíz construtivista, concibe a aprendizaxe como motor de desenvolvemento e baséase na procura da autoestima e o autoconcepto, na responsabilidade persoal e na adquisición do coñecemento a partir da creatividade, curiosidade e capacidade de experimentación do ser humano.

Bases do proxecto educativo

As características metodolóxicas máis sobresaíntes que definen a nosa escola.

Espazo

Dependendo do tipo de aprendizaxe, o alumnado acode ás aulas dotadas de equipamentos e materiais específicos que facilitan a adquisición de coñecementos e a experimentación. Existen aulas de linguas, de música, de ciencias, de plástica, de imaxe, de historia, de tecnoloxía, de matemáticas, de psicomotricidade

Profesorado

Do mesmo xeito que na secundaria, en educación infantil e primaria, e en función de consideracións psicopedagóxicas, os nenos e nenas reciben clase de diferentes profesores e profesoras. Tanto polas especialidades destes como pola necesidade de que os alumnos se relacionen con diferentes mediadores culturais e perciban os distintos estilos didácticos

Bases do proxecto educativo - fotografía con moitos alumnos no patioContidos alternativos

Desde a fundación da escola emprendeuse a necesidade de incorporar contidos complementarios que contribuísen ao desenvolvemento de rapaces e rapazas e completasen o seu proceso educativo. Así, incorporouse ao currículo as clases de dramatización,  psicomotricidade,  imaxe, e unha especial atención á expresión musical e plástica.

A escola no seu medio

Unha escola inserida na súa realidade social e natural significa unha programación de contidos atenta á cultura a que pertence. A observación, a análise e a capacidade crítica dos nenos e nenas procúranse tanto dentro da aula como nas saídas programadas. O traballo realizado no exterior permite o exercicio da experiencia directa e o fomento da convivencia.

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.