Nota legal

Información xeral

Este sitio web é responsabilidade de C.E. MARTÍN CÓDAX, S.A. (A36607695), empresa con domicilio social situado na Avenida Aeroporto 734, C.P. 36318, Vigo, Pontevedra.

Datos de contacto

C.E. MARTÍN CÓDAX, S.A.
Avenida Aeroporto 734, C.P. 36318
Vigo, Pontevedra
Teléfono: 986288095
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Delegado de Protección de Datos:
OFINEMU AUDITORES – CONSULTORES, S.L.
Praza da Independencia, 2 – 1ºD, C.P. 36211
Vigo, Pontevedra
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Datos de inscrición

Esta entidade atópase inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, tomo 140, folio 72, folla 2.006, inscrición 1ª.

Dereito de uso limitado

Non se permite a copia, reprodución, publicación, modificación, distribución ou traslado a outros sitios web dos contidos deste portal sen a autorización escrita previa de C.E. MARTÍN CÓDAX, S.A.

Comunicacións

Coa excepción dos datos persoais cuxa protección se regula nun apartado posterior, as comunicacións que estableza o visitante deste portal a través dos medios proporcionados ó efecto considéranse non confidenciais e non privadas. As informacións proporcionadas polo visitante poderán ser utilizadas para calquera finalidade que non contraveña a lei. Por outra banda o visitante comprométese a non difundir a través deste portal ningunha información que sexa contraria á lei e a honestidade, particularmente información difamatoria, daniña, perigosa para os menores, obscena, falsa, enganosa ou que atente contra os dereitos de privacidade ou propiedade intelectual de terceiras partes. Se lo fixese, o visitante será o único responsable e será perseguido pola lei. C.E. MARTÍN CÓDAX, S.A. non poderá ser culpada nin principal nin subsidiariamente en relación con elo.

Ligazóns a outros sitios web

Este portal facilita enlaces a outros sitios web que son propiedade de terceiras partes. C.E. MARTÍN CÓDAX, S.A. non controla ditos sitios e polo tanto non se fará responsable de ningún dano que poda sufrir o visitante como consecuencia de entrar en ditas páxinas a través das ligazóns deste sitio web, incluídos os derivados a situacións ilegais, ilexítimas ou perseguibles que podan existir nos mesmos.

Licenza dos contidos gráficos e textuais

Os vídeos, imaxes, textos e pequenas aplicacións publicadas nesta web son propiedade dos seus autores/as (cadaquén o seu).

Todos eles, como norma xeral, e a non ser que se especifique o contrario, están liberados coa licenza Creative Commons by-nc-sa. Iso quere dicir que podes empregar os textos, os vídeos, as imaxes e as aplicacións como queiras, sempre que digas de onde sacas o material, que non tires beneficio económico del, e que o produto resultante teña a mesma licenza ca este.

Marcas rexistradas

Aínda que non se especifique concretamente en cada caso, as marcas que aparecen neste portal, tanto as propias de C.E. MARTÍN CÓDAX, S.A. como as de terceiras partes, teñen o carácter de protexidas. Polo tanto, o visitante non poderá facer uso de ningunha delas sen o consentimento previo e escrito do seu propietario.