A Escola

A Escola

Nun espazo privilexiado, inmerso na natureza, a escola forma unha comunidade educativa.

Rapazada, mestres e familias tecemos e afianzamos os vimbios básicos para medrar sans neste entorno seguro. Tentamos dotar o alumnado das ferramentas psicolóxicas, relacionais e académicas necesarias para acadar o pleno desenvolvemento individual.

O noso propósito é

poder educar persoas críticas, solidarias, autónomas, feministas, respectuosas co medioambente, amantes da nosa cultura e tradición e con conciencia social.

Persoas que perciben a escola como refuxio, lugar ao que pertencen porque aquí, un día, se sentiron queridas e seguras.


Sobre cada persoa descansa unha mirada diferente que respecta a súa individualidade e se adapta ás súas necesidades confiando sempre nas súas posibilidades. En definitiva, unha escola que se basea na escoita.

Educaci贸n Infantil
Saber m谩is
Educaci贸n Primaria
Saber m谩is
Educaci贸n Secundaria
Saber m谩is
escola_02

Proxecto educativo

As características metodolóxicas máis sobresaíntes que definen a nosa escola.

escola_05

O espazo


Temos o privilexio de estar en plena natureza nun terreo de 17.000 m2 de espazos verdes.

Estamos situados nunha lagoa, á beira do nacemento do río Lagares con múltiples espazos que propician clases ao aire libre, posibilitando as interaccións co medio e a observación da fauna autóctona. A escola é un contexto de xogo, descubrimento e relación.

escola_06

Os interiores


O longo da xornada o alumnado vai visitando as “casiñas” onde residen as diferentes materias.

Cada materia impártese na aula do mestre/a especialista. A rapazada de primaria e secundaria cambia de “casiña” , circulando polo patio en compañía do seu grupo de referencia cara a un novo espazo onde os agarda o adulto, especialista, nun contexto que busca espertar a súa curiosidade, semente de toda aprendizaxe.

escola_07

O profesorado


Os nenos e nenas da escola reciben clase de diferentes profesores e profesoras en función de consideracións psicopedagóxicas.

Na etapa de infantil e no primeiro ciclo de primaria (1º e 2º), a rapazada pasa a maior parte da xornada coa súa mestra ou mestre xa que é moi importante nesas idades ter un adulto de referencia.

escola_03

A nosa metodolox铆a

Para propiciar o desenvolvemento integral do noso alumnado, a maneira de traballar ten que permitir diferentes metodoloxías atendendo a diferentes variables: obxectivos, contidos, espazos, idades… pero sempre teñen que estar baseadas no principio de que o neno ou nena é o protagonista, o centro da escola.

Tendo isto en conta, a nosa metodoloxía bebe de moitas outras escollendo as que mellor se adapten a cada materia e momento evolutivo. Algúns trazos que nos definen son:

METODOLOX脥AS ACTIVAS E COLABORATIVAS

O alumnado ten que ser parte activa da súa aprendizaxe, partindo da súa curiosidade, experimentando, argumentando, interactuando con docentes e compañeiros, colaborando a través de diferentes agrupamentos (grupo grande de referencia, grupos pequenos dentro do seu curso, mesturándose con outros cursos, desdobrándose con distintos docentes...). A aprendizaxe baseada en proxectos, na resolución de problemas reais e na posta en común é fundamental.

CONTIDOS ALTERNATIVOS

Un desenvolvemento holístico e integral das nenas e nenos só é posible se se inclúen contidos e experiencias que complementen o seu proceso educativo. Contamos con diferentes materias como; dramatización, psicomotricidade, imaxe e artes.

AS SA脥DAS

Unha escola inserida na súa realidade social e natural significa unha programación de contidos atenta á cultura á que pertence. A observación, a análise e a capacidade crítica dos nenos e nenas espértanse tanto dentro da aula como nas saídas programadas. O traballo realizado no exterior permite o exercicio da experiencia directa e o fomento da convivencia.
Pretendemos achegar os nenos e nenas ás propostas culturais da cidade e da súa contorna:

  • Estudamos e desfrutamos da arte en directo: visitamos museos, asistimos a obras de teatro e animamos á lectura nas bibliotecas...

  • Exploramos a riqueza natural da nosa privilexiada contorna con excursións e roteiros a diferentes lugares significativos (montes, praias, parques...).

  • Buscamos a convivencia durante períodos de tempo que rompen a rutina da rapazada a través de saídas de día completo (dende 4º de infantil en adiante) ou viaxes de unha ou máis noites a partir de 1º de primaria. Resulta unha marabilla ver a cara das nenas e nenos tras esa primeira noite cos seus amigos; parte do proceso de medrar. A viaxe de 4º de ESO, na que se combinan lecer e cultura, supón o merecido broche final a anos compartidos cos seus compañeiros e compañeiras.

PROGRAMAS ESPEC脥FICOS DE FORMACI脫N DO ALUMNADO

Unha escola que pretende colaborar coas familias na formación integral do alumnado non pode descoidar aspectos fundamentais que complementan o desenvolvemento da súa personalidade. Nós tentamos aportar formación complementaria a través de diferentes programas formativos que teñen máis presenza na adolescencia pero que comezan a sementarse nas primeiras idades:

  • Programa de Educación afectivo-sexual

  • Programa de prevención de drogas e doutras adiccións

  • Charlas sobre o uso responsable das TRICS (Tecnoloxías, Internet, Redes Sociais...)

Contidos alternativos

Dende os seus inicios, no Martín Codax incorporáronse ao currículo as seguintes materias. A escola é canteira de grandes artistas que atoparon o seu camiño na creatividade.

Dramatización

Un día á semana dende 1º de primaria e unha vez cada 15 días en 1º e 2º de ESO, o alumnado ten a posibilidade de medrar aprendendo a través das relacións que xorden no xogo espontáneo ou regrado, sentindo a través da representación dun papel diferente ao habitual que os coloca no lugar do outro, empatizando e dialogando como vía para a resolución de conflitos.

Psicomotricidade

Nas primeiras etapas (infantil e primeiro ciclo de primaria), as relacións e o desenvolvemento da propia imaxe faise a través do corpo e o movemento, axudando a construírse dunha maneira integral, de aí a importancia destas sesións dentro do horario escolar.

Imaxe

Palabra e imaxe fúndense nesta área. O poder da imaxe como medio para identificarnos, recoñecernos e recoñecer outras realidades diferentes e posibles é fundamental para desenvolver ese pensamento crítico que cuestione, indague e mobilice.

Unha vez cada 15 días, dende 4º de Infantil ata 4º de ESO, terán diferentes propostas para interpretar, a través de imaxes seleccionadas (curtas de animación, documentais, películas…) unha realidade plural e cambiante.

As Artes

As áreas de expresión artística (Plástica, Música, Teatro, Literatura, Cine...) son fundamentais na nosa escola. Axudan a expresar sentimentos, vivencias; animan a crear, a expoñerse á mirada e o xuízo dos outros, a respectar as outras miradas, a desenvolver o espírito, a comprender que non existe unha única forma de expresión, a desfrutar e compartir.

escola_04

Tomando as palabras da filósofa Jodi Dean, a nosa escola traballa coa intención de "construír unha estrutura afectiva capaz de ampliar o mundo".

Unha estrutura capaz de organizar os procesos de aprendizaxe mentres, á súa vez, propicia a tarefa permanente do autocoñecemento, as relacións cos outros e o amor polo saber e polas expresións culturais en todas as súas dimensións.

Unha escola, polo tanto, capaz de acubillar o proceso de crecemento integral do alumnado anudando afecto, respecto e desenvolvemento do pensamento. Unha escola que faga mirar para un mesmo, para os outros e para o mundo dende a confianza e o gusto pola vida.

Colexio Mart铆n Codax
Avda. Aeroporto, 734 36318 Vigo, Pontevedra 986 288 095 info@colexiomartincodax.com
Dese帽o e desenvolvemento deso帽os