O cole das e dos maiores
Nesta etapa trataremos de situar aos alumnos e alumnas en condicións de poder construír, desenvolver e profundizar nos propios coñecementos. O proceso educativo convértese nun reto ao descoñecido, nun descubrimento constante dos misterios que nos constitúen como persoas.
Procurando unha educación na que se afiance o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, así como a mellora en habilidades sociais e hábitos de traballo, pretendemos facer conscientes aos rapaces e rapazas de todo o que saben, facendo propias aquelas aprendizaxes que lles permitan adquirir as habilidades culturais básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura, ao cálculo, ao sentido artístico, á creatividade e a afectividade.
Ao tempo que se amplía a súa experiencia, o obxectivo é o de amosarlles situacións novidosas para que se sorprendan e traten de buscar explicacións, sendo suxeitos da súa propia historia, sempre desde o respecto, a cooperación e a solidariedade.