Blog da escola

Os magostos Galegos

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos. Nestes días réndeselle culto, é o Magosto. O aire das frías noites de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinocio, un costume ancestral que aínda conserva hoxe en día algo de especial.