Blog da escola


Non foi un Entroido máis

Non foi un Entroido máis

Xa marchou ese manto de cores, música e bullicio.

Xa vai alá un ano máis esta semana cargada de ilusión e emoción. Despedimos o Entroido con mágoa, pero tocados esta vez por algo novo. Por un sentimento de alegría e emoción que invadiu os nosos corpos e mentes, que parecían estar adormiladas ou en "stand by" por este becho que non dá marchado.

Contemplar o patio cheo de máscaras, das de verdade, foi algo único. 

Esas máscaras que a rapazada crea con esmero e adicación; esas que serven para cambiar a nosa esencia e non para tapala; esas que xuntas crean un lugar máxico onde calquera pode ser o que queira ser. 

Foi un sentimento que se nos meteu no corpo incitándonos a bailar e contemplar, quizais doutro xeito, con outra mirada, a esencia do Entroido.

Un entroido protagonizado coma sempre por elas e eles. As creadoras e os artistas que lle dan sentido a esta festa tan colorida. A rapazada que sempre é sincera no seu facer, que sempre nos ensina unha nova cara da vida, que sempre leva consigo a flexibiliade e as ganas por facer todo o que veña.

GRAZAS!

 

Tedes na área privada as galerias de fotos do xoves e do venres.

entroido 2

entroido 4

entroido 6

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.