Tempo que viaxas paseniño
arrastrando as horas e os días
polo lombo da terra,
traes o vento de frío novo,
mollando o chan que piso
cando xogo cos amigos.
Mañá de outono bravo
que fas do patio un tesouro.
Xogos e carreiras.
Ledicia que estoura nun retumbo
de abraios de vida.
Sorpresas que se agochan
en cada recuncho.
Se queres mirar
Mira!
Mañá de outono bravo
que fas do patio un tesouro
facendo das follas verdes
papeliños de ouro.
Terei entón, tal vez,
mañá
que agradecerche tanto esforzo
para tanta beleza.