Blog da escola


Como votar o vídeo do alumnado de 4º da ESO

Queremos recordarvos que parte do alumnado de cuarto da ESO está a participar nun concurso de curtametraxes relacionados co insigne escritor británico William Shakespeare. Precisan dos vosos votos para optar á selección final (so os 10 primeiros dos 491 participantes accederán a ela), por iso convidámosvos a que participedes na votación no seguinte enlace:

https://oupspain.wishpond.com/shakespeare-in-london/entries/99535067

 

O sistema de votación ten certa complexidade e hai que seguir varios pasos:

1. Introducir o voso enderezo electrónico e premer en "Vote"

2. Aparece un desplegable para demostrar que non somos un BOT, que somos unha "persona humana". Temos que premer nel.

3. Inmediatamente aparece unha lenda en inglés que nos informa de que para que o voto sexa efectivo temos que pedir o envío (premendo sobre a propia lenda) dun e-mail de confirmación ao noso inbox de correo. O facemos.

4. Imos ao noso correo e teremos un mail de Oxford cun enlace de confirmación. Temos que premer nel, e agora sí, o proceso está completo e o voto é efectivo.

Grazas pola vosa colaboración, apostar por eles e apostar polo futuro. Compartide o enlace, compartida a curta, compartide a ledicia.

Unha aperta.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.