O venres, 29 de marzo, temos prevista unha saída cos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria para facer unha andaina pola praia. Tomaremos a merenda da maña no parque: o bocadillo e a bebida que traian da casa (nin latas nin vidros).
Deberán levar roupa cómoda, unha viseira e vir untados xenerosamente de crema protectora.
A volta será á hora de sempre.