Saída Rías 2018


02/06/18


Este venres rematou a viaxe de fin de curso co alumnado de 6º de primaria. Durante tres días percorremos lugares destacados da historia, cultura, xeografía e patrimonio natural da nosa terra.

Visitamos o castelo medieval de Vimianzo, o faro de cabo Vilán, a praia do Lago, a espectacular e singular fervenza do Ézaro, a vila de Noia co seu patrimonio arquitectónico e cultural e o castro de Baroña. Tamén perocorremos a zona monumental de Santiago onde disfrutamos dun concerto dramatizado en plena Praza de Platerías e puidemos admirar a beleza dos claustros do Hostal dos Reis Católicos. Ademais, viaxamos no tempo admirando o impresionante e ben conservado dolme de Axeitos e disfrutamos do encanto do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Corregal e Vixán.

 

Ezaro 6 primaria

 

Foron tres intensos días de momentos compartidos onde nenas, nenos, mestras e mestres aprendemos e disfrutamos da mutua compañía dun xeito máis distendido.

 

Ezaro 6 primaria