Piraguas 5º e 6º


19/06/18


A rapazada de 5º e 6º participou hoxe, como ven sendo habitual todos os martes deste curso, nunha actividade conxunta. Esta vez un pouco máis lúdica e deportiva. Xunto coas mestras e mestres do ciclo, unha marabunta de nenas e nenos invadiu en piragua o río Miño na contorna de Tui. Resultou emocionante e divertido ver tanta xente na auga remando con tesón. O esforzo do percorrido tivo como recompensa un refrescante baño no pantalán de Tui.

Con esta actividade despídese o proxecto "Circula", con todos os seus obradoiros, que naceu alá polo mes de setembro con moita ilusión e ganas de facer cousas, buscando aprendizaxes cada vez máis significativas e perseguindo manter viva esa ilusión que toda nena e todo neno ten por aprender.

Saida piraguas 01

Grazas a todas e todos os implicados no proxecto dun xeito ou de outro, en especial aos nenos e nenas de 5º e 6º. E grazas tamén aos máis pequenos de primaria e ao seu profesorado que foron o xerme que deu vida a todo isto no curso pasado e que serviu de modelo para poñelo en marcha cos maiores neste curso que remata.