Mercado medieval na escola


08/02/18


Hoxe, como colofón ao proxecto sobre a idade media levado a cabo polos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, celebrouse na escola un mercadiño medieval. Nel, as nenas e nenos de 5º e 6º explicaron aos máis pequenos como se desenvolvía a vida ao longo da idade media. Mostráronlles a estrutura social, recitáronlles romances, fabricáronlles pócemas, bailaron con eles danzas da época, faláronlles de armas, arquitectura, bruxería, alimentación... Disfrutaron cos pequenos e pequenas, que atendían con admiración, sentíndose responsables da súa aprendizaxe.