Horta escolar


28/04/18


Coa chegada da primavera e sobre todo do bo tempo, retómase a actividade "in situ" na horta da escola. Esta semana rematáronse varios bancais, aireouse e regouse a terra, e comezaron as plantacións.

 

As nenas e nenos de infantil tiveron un protagonismo especial. Axudados polos maiores de primaria, transplantaron aos bancais da horta as plantas que levan tempo medrando nos sementeiros das súas propias aulas. Toda unha aventura visitar a horta na "escola dos maiores", ao que se suma o feito de poder traballar a terra elas e eles mesmos. Por fin vese recompensada a espera das últimas semanas mirando cada día os sementeiros da aula. Agora as súas plantas xa forman parte do proxecto colectivo no sitio que lles corresponde.

 

A partires de hoxe nova tarefa, toca regar e esperar para recoller froito. A rapazada de primaria tamén traballou, de xeito cooperativo e  mesturados pequenos e maiores, prepararon a terra e plantaron patacas e millo, entre outras.