chatarra espacial


23/11/06


Dende os anos cincuenta de o pasado século XX, a humanidade (mellor dito, os Estados Unidos, Rusia, a Unión Europea, e, nos últimos tempos China, Xapón ou a India) puxo en órbita varias decenas de miles de artefactos que dan voltas indefinidamente arredor do noso planeta. A NASA ven de facer un mapeado deste lixo espacial, no que aparecen obxectos que miden un mínimo de 4 pulgadas (uns 6 cm.) e que poden supoñer un problema para poñer en órbita novos satélites de todo tipo: de telecomunicacións, meteorolóxicos, militares, científicos, etc. Semella que a especie humana ten o curioso costume de deixar tras de sí toneladas e toneladas de lixo: por terra e por mar fundamentalmente, pero agora tamén no espacio.

Artigo orixinal (en inglés): click