A radio na escola en 5º e 6º


13/03/18


Hoxe, no contexto dos obradoiros dos martes de 5º e 6º, tivemos unha grata visita na escola, o locutor de Onda Cero, Pepe Cadavedo. Durante dúas horas compartimos con él a experiencia da realización dun programa de radio (simulado, iso si). Nesta ocasión, o entrevistado foi el, e as nenas e nenos puideron, a través das súas preguntas, descubrir os segredos dun programa de radio e da vida dun locutor. Queremos agradecer a xenerosa participación a tan ilustre personaxe das ondas.