Blog da escola

15/11/06
O magosto é, coma xa sabedes, unha festa de exaltación da castaña, producto que durante séculos foi compañeira inseparable na mesa de tódolos galegos ata que no século XVIII perdeu o seu posto por culpa da pataca chegada das Indias... Se queres ver unhas imaxes tomadas no derradeiro magosto ...

12/11/06
O lago Chad Estes días estivemos vendo na aula dentro da relación entre a sociedade e a natureza o que pasou co Mar de Aral nos derradeiros cuarenta anos e faleivos do que estaba a pasar co Lago Chad. Completando o que vimos na aula podedes ver a evolución do mesmo lago nesta páxina de Interne...

10/11/06
Un repaso do tema que estamos a dar agora mesmo en clase. Inclúe exercicios sinxelos e unha explicación detallada do visto no aula. Click....

10/11/06
¿ Naciches no ano 1990 ou no 1991 ? ¿ Apeteceche pasar dous meses viaxando - de balde por suposto - pola península e polo México descuberto por Cortés... ? ¿ Queres coñecer o pobo natal de Malinche... ? Si é así, so tes que entrar nesta páxina e ver o que tes que facer... Miguel de la...

09/11/06
Fai pouco alguén no colexio discutíame que o sangue que circula polo noso corpo é de dúas cores: bermella se vai polas arterias e azul se vai polas venas. A miña resposta só era unha: o sangue, vaia por onde vaia, é bermella. Pensei que a confusión era debida ás ilustracións dos libros de ...

08/11/06
Shishmaref, un pobo de Alaska procedente dun asentamento esquimal de 4000 anos de antigüidade, está a ser devorado polo crecemento do nivel do mar. Os seus habitantes están obrigados a marchar das súas casas antes de quince anos ante a próxima desaparición de toda a vila. O custo estimado do t...

02/11/06
potencias | radicais...

01/11/06
Aquí tedes algunhas direccións sobre "O interior da Terra" e "Tectónica de placas". Pulsade sobre elas para acceder á páxina. - Páxina sobre a "Tectónica de placas" da Universidade de Tromso (Noruega). Está traducida e ten interesantes animacións. - Páxina sobre "O...

01/11/06
Os métodos da Inquisición No ano 1601 apareceu pubricada a Historia General de España, un libro que durante moitos anos foi referencia para multidude de historiadores. O seu autor, o pai Mariana, foi un dos intelectuais mais importantes na época dos Austria e do mesmo está extraido este par...

30/10/06
Fascinante vídeo da BBC sobre a teoría de cordas, a supergravidade, os universos paralelos e a intrigante e seductora teoría M ou teoría do todo que, malia estar aínda sen demostrar, ten todos os boletos para terminar dando unha explicación satisfactoria da orixe do Universo (o big bang) e a c...