Blog da escola

15/12/20
Aí vai un pequeno agasallo musical para rematar este atípico primeiro trimestre. Os nenos e nenas de 6º fixeron a súa versión da canción "somoke on the water". Próximamente teremos o videoclip... Párate! COVID...

09/12/20
        Para os que traballamos cos máis pequenos da escola temos algúns meses do ano nas que hai datas sinaladas para nós. Momentos que todos esperamos. Xa que por aquí somos moito de manter as tradicións. Esas que nos unen e que esperamos con ledicia ano tras ano.   ...

22/10/20
Tempo que viaxas paseniñoarrastrando as horas e os díaspolo lombo da terra,traes o vento de frío novo,mollando o chan que pisocando xogo cos amigos. Mañá de outono bravoque fas do patio un tesouro. Xogos e carreiras.Ledicia que estoura nun retumbode abraios de vida.Sorpresas que se agochane...

25/05/20
Esta é a creación dos nenos e nenas de 6ºA en resposta ao desafío lanzado ao inicio do confinamento. Agora que empezamos a volver a unha relativa normalidade, quedan para o recordo e a historia eses momentos de encerro. Desfrutádeo !!    ...

13/05/20
Aínda que o tempo pase, sempre estarán en nós esas nenas e nenos que algún día fomos... Quen é quen? Ver video    ...

06/05/20
Adicado a todos os nenos e nenas da escola, especialmente aos e ás que a deixades este ano. Para todos e todas vós !!     Quero limpar o aire! Con matemáticas bonitas e historias en MAIÚSCULAS e minúsculas.   Quero limpar o aire con carreiras polo patio e reconquist...

22/04/20
Hoxe é o día da terra e, desde a escola, este ano máis que nunca pareécenos importante propoñervos que aproveitemos a ocasión para nos parar a reflexionar. Nun momento histórico como o que estamos a vivir, cando a consciencia sobre a crise climática e os seus extremos fenómenos é mais for...

20/04/20
Hai trinta e seis días que estamos pechados nas nosas casas. O impacto desta situación que estamos a vivir é inédito. A situación, desde unha perspectiva histórica, está á altura de moitos acontecementos terribles sucedidos nos últimos cen anos. Neste contexto, as nosas vidas están sendo s...

03/04/20
Os e as protagonistas deste video, en nome de todo o equipo da escola, adícanvos este sorriso a toda a familia Martín Codax. Ánimo e forza !!!  Enlace video    ...

29/03/20
  Cinco días de luces laranxas, de medos, de gadañas, non borran a cor dos teus bicos.   Dez días de portas pechadas, de tam-tam, de sinal de arañeira, non acougan a forza da túa aperta.   Quince días de lixivia, de luvas como pel, de boca embozada, non esvaen o de...

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.