Blog da escola
Blog da escola
Imos almorzar ao cole dos maiores!
13/10/25
A nosa primeira saída, sen saír. Aproveitando o bo tempo e o outono, decidimos almorzar ao aire libre e coñecer a nosa contorna máis próxima: o cole dos maiores. Que ben o pasaron descubrindo troncolandia! Podedes ver o resto de fotos na área privada da escola.
...
Saída ao Galleiro 1º primaria
01/10/25
Aproveitando o bo tempo, no inicio de curso, a escola goza dunha actividade frenética con saídas, andainas e actividades ao aire libre, fora e dentro da escola, en todos os cursos de infantil, primaria e ESO.
Os nenos e nenas de 1º de primaria gozaron dunha xornada xogos en contacto directo coa ...
Andaina coa rapazada de 5º e 6º
01/10/25
A semana pasada arrancamos o curso cunha andaina pola contorna da escola coa rapazada de 5º e 6º de primaria. Aparte de ser unha oportunidade para coñecer os arredores da escola, puidemos desfrutar xuntos da natureza, dunha riquísima merenda e da conversa que propiciaron as sorpresas que atopamo...
Saída Vixiador 5 anos
01/10/25
O pasado venres a rapazada de 5 anos gozou dunha mañá de outono no monte Vixiador. Observamos como cambia o noso entorno coa chegada desta estación e xogamos coas follas, paos, ourizos, castañas e landras.
Deixámosvos máis imaxes na área privada....
Andaina Mondariz 3º e 4º
30/09/25
A semana pasada inauguramos a tempada de saídas deste curso en 3º e 4º de primaria cunha andaina pola senda fluvial do río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario. Ademais do contacto coa natureza foi unha oportunidade de coñecerse e interactuar a rapazada dos dous cursos, preámbulo do que far...
Como medrou nosa pequena horta!
23/06/25
Que emoción, canto traballo e canta espera, pero finalmente vimos como a vida na horta se abría camiño, sobre todo cando está coidada con tanto mimo, observando cada pequeno detalle que alí acontecía, porque crecíamos nós e crecía ela.
...
Praia 5 anos
18/06/25
A semana pasada a rapazada de 5 anos gozou dunha xornada de praia para pechar este último curso na escola pequena!
Castelos de area, expedicións ás rochas, baños interminables e moita diversión! Foi un día marabilloso!
...
Saída a piraguas
17/06/25
Como todos os anos por estas datas, cando chega o bo tempo, a rapazada de 5º de primaria ata 2º de ESO fai un percorrido en piragua polo río Miño ao seu paso por Caldelas de Tui. Ademais de desfrutar da compañía e facer deporte, é unha oportunidade estupenda para estar en contacto coa naturez...
Unha mañá na praia!
10/06/25
A rapazada de tres anos gozou dunha marabillosa xornada na praia. Alí bañáronse, xogaron e almorzaron. Que ben senta ir á praia cos e coas compis!
Podedes ver algunha fotiño máis na área privada....
Festa dos Maios 2025
09/06/25
O pasado mes, como cada ano, tivemos a sorte de desfrutar xuntos da celebración da festa dos Maios na escola. Un día cheo de cor no que cada neno aportou flores, traballo en equipo e as súas mellores dotes artísticas. Parabéns!
...
