Blog da escola

03/12/21
 Xa caeron todas as follas ao chan coa súa danza de cores. Xa está espidas as árbores que tanto observamos  ao tempo que nos observan.  O noso entorno privilexiado permítenos aprender e coñecer todos os cambios qe se dan nesta colorida estación mediante a exploración, a obse...

27/11/21
"As condutas de risco dos adolescentes adoitan escandalizar aos adultos. Comprender que a adolescencia é un duelo en toda regra pode axudarnos a entender por que moitos adolescentes participan en perigosos retos virais..." Así comeza un artigo publicado en Niusdiario.es que trata sobre esta etapa...

24/11/21
A semana pasada tivemos a fortuna de ter días solleiros e fríos que nos deron a posibilidade de pasar unha mañá diferente no monte do Castro tomando un Chocolate con churros. Teredes algunha foto máis na área privada. ...

24/11/21
É unha delicia para nós poder voltar a visitar os museos da nosa cidade cos mais pequenos da escola. A arte é un medio de expresión importante, así que tratamos de buscar inspiración nos artistas locais e estranxeiros que expoñen as súas obras estes días nos museos da “Afundación” e ...

14/11/21
  Levamos toda a semana falándolle as nenas e nenos da escola da festa que máis nos gusta a nós. Esa na que podemos desfrutar dunha mañá ao aire libre ao redor da calor das fogueiras. Esa na que podemos mastigar un pouco de cultura nosa e bailar ao son das gaitas, pandeiretas e acordeó...

25/10/21
 Agora que pasaron esas primeiras semanas de despedidas, separacións ( máis e menos sinxelas) de paseíños polo patio; de pises e cambios de roupa; de regularse nun espazo novo e descoñecido; pasamos a rodar... A ir, paseniño, recoñecéndonos nos demais, respectando e recollendo esa ima...

19/10/21
O venres pasado as nenas e nenos de cinco anos fixeron a primeira saída do curso, foron ao Vixiador, onde puideron gozar dunha mañá diferente. Comezaron por unha pequena andaina, despois almorzaron para recargar as pilas e a continuación xogaron con todas as posibilidades que alí atoparon ( p...

11/09/21
O comezo deste curso escolar coincide cunha data moi especial, a conmemoración do 50 aniversario da apertura da escola. O 9 de setembro de 1971, o colexio Martín Códax abría as portas por primeira vez aos nenos e nenas. Parabéns para aquel equipo de valentes que iniciaron este proxecto e para ...

26/07/21
O seguinte texto é obra de Uxía Felpeto, alumna (xa ex-alumna, en realidade) de 4º da ESO. Recolle a súa reflexión sobre unha hipotética viaxe a Marte nun futuro próximo (moi probablemente antes de 2030) e é consecuencia da investigación feita polo seu grupo de traballo durante o desenvolve...

25/06/21
    Agora que estamos a piques de pechar a carpeta deste curso non queríamos marchar sen mostrarvos o noso agradecemento. Pensamos que sería bonito escribir unhas liñas a todas as nais e a todos os pais que formades con nós a escola pequena. Xa sabedes que iniciamos o cursos con moit...

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.