Blog da escola

XI Limpeza Simultánea de ríos en Galicia

XI Limpeza Simultánea de ríos en Galicia

As asociacións ecoloxistas ADEGA e Lagares Vivo convocan á cidadanía a participar na limpeza anual do río Lagares que terá lugar este domingo 30 de setembro.

Facémonos eco dende aquí para animarvos a tomar parte nesta acción cidadá. Na súa páxina web fan as seguintes indicacións para quen queira unirse a eles:

Será o vindeiro domingo, 30 de setembro, na ponte de Sárdoma (Camiño Carreiros, 23, ao carón de Construcciones Conde) ás 11:30 da mañá. Traede luvas e botas de auga.

Punto de encontro: Ponte romana de Sárdoma á altura de Construcciones Conde S.A. Camiño Carreiros, 23, 36214 Vigo.

Toda a info neste enlace á web da asociación Lagares Vivo.