Blog da escola

Xadrez na escola

Xadrez na escola

Hoxe realizamos na escola unha actividade colectiva de xadrez na que participou a rapazada de 3º de primaria a 2º ESO. Tivemos o privilexio de recibir a visita de cinco membros do Club Xadrez Mos que dirixiron a actividade e nos fixeron desfrutar deste marabilloso deporte. Os nenos e nenas puideron aprender movementos, xogadas e estratexias. Na modalidade de partidas simultáneas practicaron o xogo cooperativo, consensuando as xogadas entretanto que o monitor ía movendo ficha nos outros nove taboleiros nos que participaba. Na outra modalidade, individual, non houbo forma de derrocar o trono do monitor, aínda que o cronómetro partía cunha vantaxe de 3 a 1 para as e os aspirantes. Algún sudaba máis que en educación física rompéndose os miolos para tentar atopar ese "mate" gañador. Tamén houbo quen estivo a puntiño de conseguilo...

 

Xadrez Mos 0.1

Xadrez Mos 0.2

Xadrez Mos 3

Xadrez Mos 4

Xadrez Mos 27

Na área privada tedes algunha foto máis do evento.