Para os que traballamos cos máis pequenos da escola temos algúns meses do ano nas que hai datas sinaladas para nós. Momentos que todos esperamos. Xa que por aquí somos moito de manter as tradicións. Esas que nos unen e que esperamos con ledicia ano tras ano.
Esa tradición no mes de decembro é a elaboración do Belén por parte dos nenos e nenas do obradoiro de manualidades, que sempre lanzan ao concurso do concello de Vigo e que se expón nas súas instalacións.
Máis este ano, debido as limitacións pola Covid-19, a mestra Julie, que como todos sabedes é a mestra de English dos máis pequenos, e a mestra dos obradoiros de manualidades, decidíu seguir con esta tradición deixando nas mans dos nenos e nenas de cinco anos a elaboración das diferentes figuras que formarán parte do Belén. Colleron materiais que encontraron na contorna (follas, paos, landras...), algo de cola e un pouco de imaxinación para ir deseñando os diferentes animais, as diferentes árbores, as diferentes personaxes.
E mandaronno todo ao concurso. Como cada ano. Como cada Nadal.
E a sorpresa nosa foi que tiveran premio este ano! un segundo premio moi merecido, porque non hai máis que ver as figuras para imaxinar o traballo. Unha gran noticia para todos os nenos e nenas de cinco anos que traballaron para confeccionar o Belén, e para Julie, que últimamente esta abonada aos premios nesta categoría.
Se queredes saber do fallo do concurso, e dos outros Beléns premiados, mirade neste enlace Concurso Concello de Vigo.
E se queredes miras as fotos, deixámosvos aquí unha mostra. Unhas fotos que moitas veces non son reflexo de todo o traballo feito por eles, pero que serven para que, dende a distacia, poidades observar o seu traballo a través da nosa web.
Noraboa para todos!!!!!!