Hoxe saíu o sol na nosa escola para poder desfrutar do desfile de Entroido, que como cada ano, enche de cor o patio do martín Códax. Mestras e mestres, nenos e nenas levan semanas traballando na confección das distintas máscaras que luciron hoxe durante o desfile. Se queredes visualizar unha mostra máis ampla do que sucedeu hoxe, entrade na área privada.