Blog da escola


Xa chegou o Entroido!

Como xa é tradición, un ano máis luciou o sol para desfrutar das marabillosas máscaras dos nenos e nenas durante o desfile do entroido no cole.  Este mes, estiveron traballando moito nas aulas para facelas e percorreron o patio xunto o son da "batucada". A música, interpretada polas nenas e nenos de 5º e 6º con instrumentos deseñados e construidos por eles mesmos baixo a dirección do grandísimo Rafa, fixo vibrar aos participantes e espectadores do desfile de máscaras.

Logo dos nervios da espera, chegou o momento de gozar da festa e lucir con orgullo o froito do esforzo de varias semanas de planificación, deseño e elaboración. O froito de escudriñar na parte máis profunda e creativa de cada neno e nena que finalmente ve a luz en forma de máscara. Infinidade de formas e cores, pero todas cunha característica común, que son o resultado do traballo e esmero de cada un, nada máis e nada menos.

Parabéns, artistas !!! Todo o mérito é voso.

Foi un día de xuntanza para todos !

 
Entroido venres infantil 2019 231

 

 Recordade que podedes ver as fotos do desfile na área privada da web, tanto as dos nenos pequenos coma dos maiores.

 

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.