Palabras e máis palabras invadiron o colexio nesta última semana para despedir o primeiro curso da ESO.
Troncolandia, a frondosa arboleda do colexio, acolleu a III Feira do Libro e o Fanzine, evento que brinda a oportunidade aos escritores e escritoras do primeiro ciclo da ESO de compartir o traballo de creación literaria realizado ao longo destes nove meses. Entre nervios, carreiras e sorrisos cheas de orgullo, máis de duascentas publicacións (fanzines, relatos e poemas), escritas e encadernadas polas propias autoras e autores, foron intercambiadas mentres as choivas destes días dábanos unha tregua e o sol sorríanos.
Seguindo coa expansión das letras polos espazos abertos do noso colexio, o lateral do edificio do Cubo transformouse no castelo de Elsinore e no Bosque de Birnam para acoller as representacións finais das dúas traxedias de William Shakespeare que estivemos ensaiando os últimos meses nas clases de inglés. Por fin, puidemos oír a Hamlet pronunciar o seu archiconocido"To be, or not to be", e ver como tras moito procrastinar o novo príncipe danés era capaz de vingar ao seu pai. Pola súa banda, Macbeth e Lady Macbeth, influenciados polos vaticinios dunhas bruxas un tanto sospeitosas, sucumbiron ante os nosos ollos unha vez máis á ambición de converterse nos reis de Escocia. (Na zona privada podedes acceder a material gráfico da III Feria do Libro e o Fanzine e IV Shakespeare Festival)
Só resta desexarvos un feliz verán infestado de palabras, palabras e máis palabras.