Blog da escola

"Voyage á Bordeaux" (4º ESO)

Dende o pasado xoves 28 de abril ata o domingo 1 de maio o alumnado da optativa de francés de 4º de ESO realizou unha saída cultural a esta cidade francesa. Unha viaxe lingüística-cultural para disfrutar desta fermosa cidade do sur de Francia, coñecer máis de cerca a cultura francesa e pasar momentos para non esquecer todos xuntos. Entre outras actividades visitaron a Cité du vin, pasearon en barco polo río Garona, percorreron a parte medieval de Burdeos, achegáronse á catedral gótica de Saint Andrè, estiveron na cidade medieval de Saint Emilion e tiráronse a rolos polas dunas de Pilat (as máis altas de Europa).

 

BURDEOS 01
BURDEOS 02
BURDEOS 03
BURDEOS 04
BURDEOS 05
BURDEOS 06
BURDEOS 07
BURDEOS 08