Blog da escola


VIVAT LE ROI !!!

Luis XIV
No Antigo Réxime o ceremonial que rodeaba ás clases privilexiadas e particularmente aos monarcas era verdadeiramente espectácular. Se tes oportunidade dalle unha ollada á pelicula María Antonieta de Sofia Coppola , o derradeiro intento de interpretación da vida da raíña que morreu na guillotina arrastrada polos ventos da Revolución francesa que estudiaremos próximamente. Unha aproximación a este ceremonial o podes ver nas seguintes liñas - As 8,30 da mañá celebrábase a ceremonia chamada LE LEVER DU ROI: o axuda de cámara do monarca dirixíase ao leito indicándolle que era a hora de erguerse. A continuación o médico e o ciruxan certificaban que a súa saúde era excelente. 8,45 LE PETIT LEVER. Despois de quince minutos de oracións un barbeiro aseaba o monarca que tomaba o almorzo para posteriormente dous nobles que ocupaban os cargos de "xentilhome da Cámara" e o "mestre de guardarropia" o axudaban a vestirse. Este acto de vestir o rei é coñecido como LE GRAND LEVER. Asistían entre 40 e 100 persoas, o mais granado da nobleza xa que era considerado un extraordinario honor ser invitado...

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.