Fai uns días tivemos a oportunidade de visitar as illas de San Simón e San Antón coa rapazada de 5º e 6º de Primaria.
Ao comezo deste día soleado, acompañáronnos na nosa travesía pola ría de Vigo unha chea de xoguetóns golfiños. Foi unha delicia ver como os arroaces saltaban preto do barco. Despois desta experiencia, percorremos as illas coa compaña das e dos guías que nos explicaron a súa historia, flora, fauna e diferentes anécdotas.
Un día de convivencia cargado de experiencias positivas que rematamos cunha divertida busca do tesouro.
Podedes ver máis fotos na área privada da escola.


