Visita do merdeiro

 

En plena semana de celebracións do entroido, hoxe visitou a escola un merdeiro, personaxe típico do entroido vigués. A súa intención era "pasar revista" e controlar se estabamos a obedecer as peticións do peliqueiro.

Aos nenos e nenas que non ían acordes coas vestimentas e complementos dispostos polo peliqueiro, perseguiunos pola escola... ou foi ao revés? Quen perseguíu a quen?

En calquera caso, o recreo de hoxe saíuse do rutinario dun martes "sen balón", para encher o patio de algarabía, sorpresa e expectación.

A rapazada pasou moi ben !!!

 

merdeiro2020 9

merdeiro2020 9

merdeiro2020 9

merdeiro2020 9

 

 


imprimir