Este luns, o alumnado de 4º de primaria visitou o pavillón de Navia onde presenciou un entreno do primeiro equipo do Celta baloncesto feminino. Despois do entreno desfrutaron dun momento coas xogadoras e co corpo técnico, incluída a entrenadora Cristina Cantero que lles falou dos valores do deporte, do esforzo e do pracer de non deixar nunca de aprender. Como colofón participaron nunhas actividades e xogos co balón, baixo a dirección das propias xogadoras.

