O pasado 5 de abril visitamos cos nenos e nenas de 4 anos a Granxa Sarantellos en Cambados. Unha saída que todos e todas desfrutaron en contacto coa natureza facendo distintas actividades de coidado de animais e prantas, tamén fabricaron o seu propio pan no taller de cociña. Podes ver o resto de fotos na área privada.