Blog da escola
Vídeoblogs de divulgación científica
Dentro dos traballos optativos da asignatura de Física e Química de 4º da ESO deste trimestre os rapaces tiñan a opción de crear un vídeoblog centrado en dous temas concretos a elexir dunha lista de dez, todos eles vinculados cos contidos deste primeiro trimestre do curso.
Os videoblogs debían incluir obligatoriamente e como mínimo dúas entradas de creación propia xunto con outras catro alleas relacionadas cos temas elixidos. Dous deses vídeo blogs son os seguintes:
- o de Arturo Piñeiro e Iago Barreiro
- o de Lucía Canitrot e Bárbara Ogando
Deixo aquí dous vídeos feitos por estes dous grupos de alumnos, o primeiro relacionado co tema "a química do fogar", e o segundo co tema "a nanotecnoloxía":