VIAXE A SALAMANCA (I)

Praza Maior
¿ Que roupa levo... ? preguntan estes días algúns antes de facela viaxe... Pois é moi doado, visitade a páxina do Instituto Nacional de Meteoroloxía e buscade a predicción para os vindeiros días. E aqueles que non vos querades rompela cabeza ide a esta páxina para Salamanca ou esta outra para Tordesillas Fíxádevos nas temperaturas máximas, nas mínimas e nas posibilidades de precipitacións e, despois, actuade en consecuencia. Por certo as habitacións, que son triples e dobres, atópanse nestes hoteis Máis información sobre a viaxe na páxina da aula de historia Un saúdo