Praza Maior
Blog da escola
VIAXE A LUGO - TORDESILLAS E SALAMANCA DOS ALUMNOS DE 2º
¿ Que roupa levo... ? preguntan estes días algúns antes de facela viaxe...
Pois é moi doado, visitade a páxina do Instituto Nacional de Meteoroloxía e buscade a predicción para os vindeiros días.
E aqueles que non vos querades rompela cabeza ide a esta páxina para Salamanca ou esta outra para Tordesillas e esta outra para Lugo
Fíxádevos nas temperaturas máximas, nas mínimas e nas posibilidades de precipitacións e, despois, actuade en consecuencia.
Por certo as habitacións, que son triples e dobres, atópanse nestes hoteis de Salamanca e éste de Lugo
Máis información sobre a viaxe na páxina da aula de historia onde tamén atoparedes o Caderno da Viaxe en cor.
Aínda que a chegada estea prevista na zona do Areal, aqueles alumnos de Peinador e redores, previa solicitude a Fernando feita o luns ou o martes, poderán ser recollidos na Escola sobre as 23,45 da noite aproximadamente. Ante calqueira aclaración falade co profesor.
Un saúdo