Blog da escola
universos paralelos
Fascinante vídeo da BBC sobre a teoría de cordas, a supergravidade, os universos paralelos e a intrigante e seductora teoría M ou teoría do todo que, malia estar aínda sen demostrar, ten todos os boletos para terminar dando unha explicación satisfactoria da orixe do Universo (o big bang) e a creación da materia e do tempo. Todo elo nun estrano universo de once dimensións (o noso!), dez espaciais e unha temporal.
En inglés -exquisito inglés da BBC- e con subtítulos en portugués. 44 minutos que pasan voando.