Blog da escola


Unha máis de robots

O "Institute for the Future" en colaboración coa empresa de ordenadores Sun Microsystems e a web boing-boing (subtitulada con acerto "asombros cotiás") convocan dende 2008 un concurso anual a nivel planetario para todos os adolescentes menores de 17 anos baixo o nome de Digital Open 21st Century Science Fair. Trátase de presentar un proxecto innovador no eido da ciencia e da tecnoloxía que sexa orixinal e esté desenvolvido polos propios participantes. A convocatoria de 2010 abrirase en abril, e, ata agosto, os interesados, individualmente ou en grupo, poderán enviar os seus proxectos á páxina web do Institute for the Future. Os premios son interesantes, pero quizais o mellor é que os autores son promocionados na propia páxina xunto coas súas creacións. Algúns dos gañadores na edición deste ano recibiron xa ofertas dalgunhas universidades norteamericanas para incorporarse a elas cando rematen os seus estudios secundarios. Entre os proxectos de 2009, destaca este robot creado por un grupo de estudiantes de San José (California), no que destacan o seu deseño, a súa facilidade de montaxe e a sinxeleza no seu uso. Un participante de Cataluña levou unha mención polo seu proxecto de casa ecolóxica. Podedes botar un ollo á todos os proxectos aquí.

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.