Unha de robots

Un grupo de alumnos de 4º da ESO vai participar nun concurso organizado polo INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), presentando un proxecto dentro da sección "robótica espacial" (as bases, por se alguén máis se anima, poden atoparse aquí). Entre outras cousas, o robot que deseñen (e constrúan!) debe ser capaz de recoñecer obxectos no seu camiño e de rodear obstáculos. Dadas as datas nas que case nos atopamos, déixolles aquí un vídeo para ver se poden coller algunha idea (e de paso botar unhas risas, porque o proxecto vai darlles algunhas dores de cabeza).