Blog da escola
Tipografía ecolóxica
Cando se fala de ecoloxía, habitualmente pensamos na cantidade de papel que se estraga a diario, sobre todo en sectores da sociedade como é o noso, o ensino. Pois temos que pensar que, normalmente, cando usamos un folio é para escribir sobre el, e moitas veces imprimir desde o noso computador.
Hai que economizar papel, tanto para aforrar algún euro como para agredir menos o medio natural que nos rodea.
Tamén hai que economizar tinta, que tamén costa diñeiro e tamén contamina.
Para isto último, unha empresa holandesa, Spranq deseñou un tipo de letra, Ecofont que economiza até un 20% da tinta á hora de imprimir. E ademais é gratuíto.
Recoméndovos que piquedes aquí e que descarguedes a tipografía e a instaledes no voso computador.
Todas as aportacións cara á protección do medio son boas.