Blog da escola


Solidaridade cultural ante a emerxencia sanitaria

 

Cando a adversidade medra, a solidaridade faino en maior medida. É unha das grandezas da especie humana. Ante as situacións de confinamento que se extenden rápidamente por todo o planeta, xurden por todas partes actitudes solidarias e altruistas para axudar a levar mellor a situación. Se ben non todas as ofertas son totalmente altruistas e levan algo de "captación", imos quedarnos coa parte positiva e aproveitar a ocasión.

Desde a parte que máis cerca nos toca na escola, a cultural, imos deixar aquí unha recopilación de recursos, actividades e iniciativas que poden axudar a pasar o tempo de reclusión de xeito máis ameno e, de paso, culturizarnos un pouco. O listado irá medrando co tempo a medida que vaiamos recibindo propostas interesantes a través de diferentes vías como wsp, web, facebook, mail, telegram, etc., polo que non deixedes de consultar este artigo de cando en vez.

Pero sobre todo, pasade tempo coa familia falando e rescatando eses xogos de mesa tradicionais, sinxelos pero enriquecedores para o intelecto.

Ánimo e paciencia !!!

 

VENTÁS AO MUNDO NATURAL: Nestes enlaces pode conectarse en vivo con webcams de distintas reservas naturais, parques, etc, en diferentes partes do mundo. A través delas podemos observar en vivo e en directo aos animais sen interferir no seu hábitat. Unha oportunidade para evadirse. Hai que ter en conta a zona horaria na que se atopa o lugar ao que nos imos asomar, ao mellor é noite e non vemos nada, ou si... ESPECTACULAR, desfrutar da tranquilidade e dos sons da natureza.

  1. Reserva de paxaros Urdaibai (Euskadi). Con visita guiada en castelán todos os días ás 11:00 e ás 18:00
  2. Reserva de elefantes (Sudáfrica)
  3. Niño de cegoñas (Alemania)
  4. Leóns mariños (California, USA)
  5. Reserva de koalas (Australia)
  6. Niños e comedeiros de aves (Hungría)
  7. Animais varios (por todo o mundo)

 

VENTÁS A CIDADES DO MUNDO: Tamén a través de webcams, podemos asomarnos en vivo e directo a distintas cidades do mundo. Hai que ter en conta a zona horaria na que se atopa a cidade á que nos imos asomar.

  1.  Vigo. Aparecen fotogramas, non video. Hai que refrecar a pantalla (recargar a páxina) cada pouco para actualizar a imaxe
  2. Cidades do mundo 

 

TOUR VIRTUAL POLAS ILLAS CÍES: Este tour non é en vivo, pero está moi ben feito e da a sensación de estar nas illas en primeira persoa. Unha oportunidade estupenda para quen non estivese nunca nas Cíes.

http://espanorama.com/tour-virtual-islas-cies/

 

TOUR VIRTUAL POR LUGARES DE VIGO E OUTRAS CIDADE: Neste tour virtual poden visitarse moitas ubicacións de Vigo e algunhas de outras cidades con imaxes panorámicas 360º.

https://shambalavigo.org/fotos.html

 

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL: Xa está dispoñible en Internet. Reúne mapas, textos, fotos, grabacións e películas de todos os tempos, e explica en varios idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta. 

https://www.wdl.org/es/

 

BIBLIOTECA DIXITAL DA UNESCO: Con infinidade de publicacións en varios idiomas e de diferente índole. 

https://unesdoc.unesco.org/inicio

 

BIBLIOTECAS DE GALIZA: Bibliotecas con servizo de préstamo de libro electrónico

  1. Rede de bibliotecas da Xunta. https://rbgalicia.xunta.gal/
  2. Biblioteca Xosé Neira Vilas (Vigo). https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/

 

12 MUSEOS, ALGÚNS DELES CON TOUR VIRTUAL: para visitar estando na casa, tour virtual e coleccións online.

  1. Pinacoteca di Brera - Milán. https://pinacotecabrera.org/

  2. Galleria de gli Uffizi - Florencia. https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

  3. Musei Vaticani - Roma. http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it.html

  4. Museo Arqueolóxico - Atenas. https://www.namuseum.gr/

  5. Prado - Madrid. https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

  6. Louvre - París. https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne

  7. British Museum - Londres. https://www.britishmuseum.org/collection

  8. Metropolitan Museum - New York. https://www.metmuseum.org/

  9. Hermitage - San Petesburgo. https://www.hermitagemuseum.org/

  10. National Gallery of art - Washington. https://www.nga.gov/index.html

  11. Museo Arqueolóxico Nacional. http://www.man.es/man/home.html

  12. Museo do Pobo Galego. http://www.museodopobo.gal/web/index.php

 

A RADIO NO PLANETA: Neste link aparece un globo terráqueo, con infinidade de puntos verdes.Cada punto verde é unha estación de radio local de calquera parte do mundo. Ao hacer click no punto, oese inmediatamente a estación de radio con boa calidade de son.

http://radio.garden/visit/vigo/peBDErWY

 

CONCERTOS EN DIRECTO: "Festival me quedo en casa" e "Cuarentena fest". Nestes dous links moitos artistas, a través dos seus perfís de Instagram farán directos duns 30 min como se dun concerto acústico privado se tratase. Os horarios:

  1. Festival me quedo en casa. https://todoindie.com/yo-me-quedo-en-casa-festival/
  2. Cuarentena fest. https://cuarentenafest.tumblr.com/

 

TEATRO: Pode verse tamén teatro online, estas son as obras dispoñibles:

http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice

 

ÓPERA: A Ópera Metropolitana de Nova York vai ofrecer obras en streaming gratis mentres dure a crise.

https://www.metopera.org/

 

PUBLICACIÓNS: Hai diversas publicacións de caracter científico interesantes. Algunhas publicacións teñen liberados contidos que habitualmente son exclusivos para subscriptores.

  1. Muy interesante. https://www.muyinteresante.es/
  2. National Geographic. https://www.nationalgeographic.com.es/
  3. Bayard (Popi, Caracola, Leo Leo...). https://www.bayard-revistas.com/yomequedoencasa/

 

 AULAS GALEGAS: Proxecto de aula virtual con recursos educativos e contidos en galego desenvolto por profesorado de Galicia sen ánimo de lucro. 

http://aulasgalegas.org/

 

CONTACONTOS: Aínda que os mellores contos son os contados ou lidos pola nai, o pai, a avoa ou o avó, en youtube pode atoparse infinidade de contacontos. Iso si, hai que facer filtro antes de poñelo, xa que, como en todo, hai todo tipo de calidades. Neste enlace hai un exemplo.

Contos en pixama, da canle Gravata Torla. https://youtu.be/rS42xoBw16c

 

 

Horario de atención

Luns a venres:

de 9:00 a 14:30

de 17:00 a 20:00

Colexio Martín Códax

Avda. Aeroporto, 734
36318 Vigo, Pontevedra
986 28 80 95
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.