Blog da escola

Software Libre, e en Galego

Á marxe do omnipresente Micorosoft Office, existe todo un mundo de procesadores de texto que funcionan tan ben (ou mellor) que o Word. Dentro desta variedade podemos atopar o Open Office, un programa libre (non precisamos mercalo nin piratealo) que se pode descargar na súa versión en galego, co seu corrector ortográfico incluído, dende a páxina de Mancomún.org. Por certo, é compatible cos documentos xerados polo Word.