Blog da escola

Simply

 

Simple, como o paso do tempo.

Un reloxo que camiña, días que pasan.

Onte era inverno e mañá é primavera. Así, simple.

Que difícil pode ser descifrar as mecánicas sinxelas. Que gustoso perderse un instante no que funciona por aparente maxia.

Cando a superficie mestúrase co intrerior, cando o que ven de fora entra dentro, cando buscamos a beleza.

Simplemente, estando xuntos.

Calor de persoas que constrúen, minuto a minuto, man con man, nenos, mestres, familias.

Contra a anguria, compañía.

Contra o medo, esperanza.

Escoita.

Simplemente...

                      ...simply

 

 

Unha xoia que integra a comunidade educativa: familia, alumnado e profesorado...