saír da Terra

Temos falado en clase de que a velocidade de escape para un móbil que pretenda abandoar o noso planeta é duns 11 km/s (sobre 40.000 km/h). A forza precisa para elevar un cohete de varias toneladas de peso que consiga acadar tal velocidade (soportando así unha aceleración brutal) conséguese a partir de combustibles como a hidracina. Unha consecuencia inesperada de tal derroche de enerxía é que se produzca algún erro e todo estoupe e converta en chatarra unha inversión millonaria. Buscando en internet información sobre o tema para falar delo na clase atopei este vídeo que me deixou impresionado: