Esta semana desfrutamos dunha saída ás illas de San Simón e San Antón co alumnado de quinto de primaria. No traxecto en barco observamos de cerca o traballo nas bateas, desfrutamos dunha vista panorámica de Vigo e mesmo puidemos contemplar a ponte de Rande desde outro punto de vista. Unha vez nas illas, escoitamos a historia do arquipélago e ata realizamos unha "busca do tesouro".
Na galería de fotos da área privada podedes visualizar e descargar fotos da saída.