Este martes fixemos cos nenos e nenas de primaria unha saída que ocupou toda a xornada escolar cun dobre propósito. Por unha banda fixemos un pequeno percorrido polo casco vello de Vigo, partindo do Concello e rematando no Berbés, onde tivemos un breve contacto coa historia e a arquitectura da cidade. Visitamos o castelo de San Sebastián, a Porta do Sol, a praza da Constitución e a zona da Colexiata, entre outras. Puidemos apreciar xa parte dos preparativos para a festa da Reconquista, que se conmemora o próximo xoves 28 de marzo.
Por outra banda, participamos nuns obradoiros de matemáticas manipulativas, onde estaba prohibido "NON TOCAR", como ben nos avisaron á entrada. Traballaron con pentaminós, hexamantes, cubos de soma, tangrams, quebracabezas imposibles, máxia e investigación con calculadora, resolución de problemas, espellos, simetrías de vértico, xeometría en estado puro e nun sinfín de retos. Estaban tan concentrados, que as dúas horas ininterrumpidas que duraronos obradoiros pasaron nun abrir e pechar de ollos.
Podedes atopar máis fotos na área privada da web.