Nos últimos días soleados que tivemos, aproveitamos para facer unha saída cos nenos e nenas de 1º de Primaria ao Parque dos Sentidos de Marín. Alí experimentamos coa auga manexando comportas e pancas, tocamos instrumentos ao aire libre, observamos bonitas esculturas feitas en madeira e... deslizámosnos por divertidos tobogáns de mil maneiras imaxinables!
Os usuarios e usuarias rexistradas podedes acceder á galería de fotos completa na área privada.