Saída co alumnado de 3º de ESO ao Monte Vixiador

 

O pasado luns 22 de outubro realizamos unha andaina dende a escola ata o monte Vixiador e posteriormente ata o mirador da Madroa dentro do proxecto conxunto das asignaturas de Inglés, Xeografía e Historia e Matemáticas destinado a estudar a nosa cidade en profundidade para posteriormente investigar a batalla de Rande. Esta primeira saída estaba pensada para coñecer de primeira man parte dese Vigo integrado no cinturón verde que rodea a zona urbana, así como para ter unha visión xeral da cidade dende un dos miradores principais desta. O proxecto inclúe, ademais desta e outras saídas posteriores destinadas ao mesmo propósito, o intercambio de información co alumnado dunha escola holandesa empregando como lingua vehicular o inglés. Os participantes do lado holandés levarán a cabo a súa propia investigación sobre a devandita batalla co obxectivo de contrastar as dúas visións históricas dela. A medida que vaia desenvolvéndose o proxecto iremos informándoos das actividades que o van acompañando.

Como é habitual, ao remate do roteiro e da observación da cidade e da Ría de Vigo dende o mirador da Madroa, fixemos a clásica "foto de familia":

 

mirador a madroa terceiro eso tamanho medio