O venres pasado as nenas e nenos de cinco anos fixeron a primeira saída do curso, foron ao Vixiador, onde puideron gozar dunha mañá diferente. Comezaron por unha pequena andaina, despois almorzaron para recargar as pilas e a continuación xogaron con todas as posibilidades que alí atoparon ( parque, ramas, follas, paus, castañas, landras...).
Deixámosvos na galería da área privada algunhas fotos da saída.