Blog da escola

Saída ao Parque Forestal do Vixiador (5 anos)

Os nenos e nenas de cinco anos, o pasado venres, fixeron unha andaina polo Vixiador. Percorreron algúns dos sendeiros do parque forestal e gozaron descubrindo os efectos da chegada do outono, que encheu todo de follas, landras, castañas, cogumelos... Tamén houbo tempo para tomar un rico almorzo e por suposto para xogar un pouquiño no parque.

 Vixiador 11

Podedes ver máis fotos na área privada.